A Feira Apícola Rías Baixas chega á súa trixésimo sexta edición con máis forza ca nunca da man dun nutrido programa de actividades dirixidas tanto aos maiores coma os cativos da casa, que nos convidan a vivir unha doce e diferente fin de semana no Porriño.
Organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, xunto coa Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e o Concello do Porriño, este evento constitúe un importante encontro cos mellores profesionais do sector e unha cita indispensable para todas aquelas persoas versadas ou afeccionadas ao interesante mundo das abellas.
A apertura da feira terá lugar este sábado 13 de abril, ás 10.00 h, cun programa cheo de actividades que se estenderán ata última hora da tarde. As Xornadas Técnicas Internacionais de Apicultura emprazaranse nunha carpa situada na Praza do Cristo, entre as 10.00 h e as 19.30 h. Case o mesmo horario no que permanecerá activo o mercado de artesanía Bee Happy Market e a Feira do Mel, concretamente de 10.30 h a 20.00 h.
As catas, degustacións e obradoiros infantís terán lugar tanto en horario de mañá coma de tarde. A asistencia a calquera das actividades é totalmente de balde, pero contan con aforo limitado.
Coma o seu propio nome indica, as Xornadas Técnicas Internacionais de Apicultura contarán con profesionais altamente cualificados para abordar as temáticas que máis preocupan ao sector, vencelladas coa conservación das abellas, o futuro da colmea e os retos aos que se enfronta a apicultura.
Baixo o título ‘Abelleiro europeo. Unha realidade no control da Vespa velutina’, José Manuel Fernández, ornitólogo e investigador na Universidade de Alcalá de Henares (Madrid), será o encargado de dar o primeiro relatorio da xornada. Pola súa banda, a Dra. Carme Seijo, catedrática e investigadora da Facultade de Ciencias de Ourense, seguirá a esta intervención con ‘Retos e perspectivas da investigación apícola en Galicia’.
O Dr. Ernesto Guzmán, director do Centro de Investigacións en Abellas da Universidade de Guelph (Ontario-Canadá), abordará ‘Varroa destructor: danos ás abellas e control’. Sandra Barbosa, da CITAB · Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro (Portugal), explicará o‘Impacto da produción de própole na rendibilidade da explotación apícola’, seguida da Dra. Ana Diéguez, investigadora da Facultade de Ciencias de Ourense, que apuntará a ‘Mellora da sustentabilidade apícola mediante o uso das novas tecnoloxías e a conservación da abella local, Grupo Operativo SOST APÍCOLA’. Para rematar, o biólogo e apicultor profesional da Agrupación Apícola de Galicia, Rubén Fernández, será o encargado de abordar ‘A importancia da conservación da abella local en Galicia. Queres participar no Grupo Operativo PANEGA coa túa explotación?’.
Tras o éxito das dúas últimas edicións, dous selos de calidade que garanten a orixe do mel únense para realizar unha cata conxunta. Así, ás 12.30 h, na Praza do Concello, temos unha cita coa interesantecata comentada dos distintos tipos de mel da IXP Mel de Galicia e da DOP Miel de la Alcarria. Beatriz Ríos Cebreiros, técnica e formadora do Panel de Cata de Mel de Galicia, e Amelia V. González Porto, directora do Laboratorio de Produtos da Colmea CIAPA-IRIAF, de Castela-A Mancha, serán as encargadas de guiar esta experiencia para un aforo máximo de 40 persoas.
Posteriormente, os asistentes de todas as idades poderán participar noutra cata comentada, esta vez dos queixos galegos con DOP premiados nas Catas de Queixos de Galicia 2023. Esta actividade correrá a cargo de Salomé Beiroa Fernández, catadora do Panel de Cata da Xunta de Galicia, tamén será de balde e emprazarase no mesmo lugar ás 17.00 h do sábado.
Mel e artesanía volverán a darse cita no Porriño da man do mercado máis apetitoso. Os amantes do ouro doce da natureza, o bo comer e os produtos artesanais, teñen unha cita ineludible na Praza do Concello co Bee Happy Market que dará comezo ás 10.30 h e pechará ás 20.00 h.
As actividades para os cativos arrincarán antes da propia Feira. Concretamente o venres 12 de abril, cando o Consello Regulador da IXP Mel de Galicia e a Agrupación Apícola de Galicia teñen previsto achegar o fermoso universo da apicultura aos escolares dos colexios do Porriño. Da súa man, cativas e cativos coñecerán os segredos que gardan as colmeas, os produtos que saen delas e todo o beneficioso que nos aportan as abellas. Ademais, tamén poderán participar nunha degustación comentada para descubrir as claves do Mel de Galicia con IXP.
O propio sábado, haberá dous obradoiros do Mel: os ‘Obradoiros infantís Bee Happy Market’ para nenos a partir de 1 ano, en horario de mañá e tarde (de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 h a 19.30 h); e o ‘Obradoiro de elaboración de portamerendas’ con cera de abella, para cativos de entre 3 e 12 anos, ás 18.00 h.
Por se nos sabía a pouco a xornada, O Porriño acollerá unha ruta de tapas nos días venres e sábado con diferentes petiscos ou cóctelsque se poderán degustar nos diferentes locais do concello.
A Agrupación Apícola de Galicia creouse no 1999 co fin de levar a cabo un proxecto de desenvolvemento común da apicultura en Galicia. Con este fin uníronse as asociacións apícolas máis representativas desta comunidade, unificando esforzos e iniciando un programa de actuación que permitise modernizar as explotacións apícolas, fomentar métodos de produción compatibles coa conservación e protección da natureza, así coma preservar a biodiversidade e o medio rural a través desta senlleira actividade.
Ao longo de 36 edicións, a Agrupación continúa poñendo Galicia no mapa do sector apícola nacional e internacional a través da Feira Apícola das Rías Baixas. Un encontro que avoga pola evolución e profesionalización dun sector que forma parte integrante da agricultura europea, proporciona ingresos primarios ou complementarios a máis de 600.000 cidadáns da UE, así coma presta un servizo vital a través da polinización ao mantemento do ecosistema.
No ano 2020, a Agrupación Apícola de Galicia leva a cabo unha iniciativa pioneira: a creación da primeira liña de cosmética natural creada a base de Mel de Galicia con IXP. Deste xeito nace Belacolmea, froito dun arduo traballo durante dous anos de estudo, investigación e desenvolvemento xunto coa Universidade de Vigo, financiándose con fondos propios de ADERCOU (GDR11).
Belacolmea xorde como unha gama de produtos de alta calidade e orixe natural que evitan os químicos. Substancias que tanto poden provocar reaccións cutáneas como danan o medioambiente. Así, entre os seus compoñentes atopamos ingredientes incriblemente beneficiosos para o organismo, con gran poder antioxidante, antibacteriano e antiinflamatorio: o Mel de Galicia, a cera de abella, o propóleo ou a xelea real, entre outros.
O compromiso de Belacolmea non só se cingue ao respecto e coidado ambiental, senón que tamén se estende ao tecido social, en especial ao medio rural. A firma galega naceu precisamente para que as explotacións apícolas puidesen ser máis rendibles e así apicultores/as continuasen vivindo no rural e do rural galego, manténdoo activo e evitando a perda progresiva de poboación nestas áreas.
Precisamente por este motivo, Belacolmea recibía o Premio ao Desenvolvemento Rural —na categoría Sector Agrogandeiro—durante a décimo terceira edición destes galardóns organizados pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, encomiando a súa posta en valor de todas as potencialidades dos produtos procedentes da colmea.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie | Duration | Description |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.
Other uncategorized cookies are those that are being analyzed and have not been classified into a category as yet.