Para o sector da apicultura, a Feira Apícola de Pastrana é toda unha tradición: marca o inicio da tempada e serve de encontro para profesionais, afeccionados, técnicos e público en xeral. Sen embargo, ao igual que sucede coa XXXIII Feira Apícola das Rías Baixas, a tetraséxima edición da feira celebrarase de forma virtual. A cita terá lugar entre os días 11 e 14 de marzo.
As novas tecnoloxías e a mellora das vías de comunicación dixitais permitiron que, lonxe de suspender a edición, poida ser máis internacional que nunca. A creación dunha feira virtual permitirá e facilitará o contacto entre diferentes profesionais, independentemente do lugar onde se atopen.
Entre os participantes desta edición, atoparase a Agrupación Apícola de Galicia, a través dun expositor dixital. Nel, os visitantes poderán obter información acerca da súa labor, servizos, obexectivos e, como non, da próxima Feira Apícola das Rías Baixas.
O visitante, profesional ou non, poderá pasear virtualmente pola feira e localizar aqueles artigos e empresas que poidan ser do su interese, así coma coñecer novas tendencias, técnicas e produtos.
D. Luis Fernando Abril Urmente · Alcalde de Pastrana
A realización de conferencias a cargo dos especialistas máis destacados do sector será unha das partes fundamentais do programa. Así, darán resposta a aqueles temas que maior interese espertan na actualidade. Iso sen esquecer outros aspectos esenciais coma son a educación e a formación.
Tanto é así que a realización de catas e de obradoiros tamén serán outras das actividades presentes nesta edición.
Estade ao día en todo o que aconteza na Feira Apícola Internacional de Pastrana, a través das súas redes sociais:
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |