Mañá martes, 25 de maio, a Agrupación Apícola de Galicia celebra o acto de presentación de Belacolmea, unha liña de produtos naturais a base de Mel de Galicia con Indicación Xeográfica Protexida que promete revolucionar o sector da cosmética.
O acto de presentación terá lugar no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela e contará coa intervención de Cecilia Pereira Miramón, Comisaria do Xacobeo 2021; Segundo L. Pérez López, Canónigo Delegado de Peregrinacións; José María Seijo, presidente da Agrupación Apícola de Galicia; e Ester Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia e presidenta do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia.
Belacolmea nace como unha liña de apicosmética especialmente formulada para o coidado da pel, que busca a prevención e solución de todas as alteracións que esta poida sufrir, a través de formulacións naturais específicas.
Entre as bondades dos seus bálsamos e cremas destaca que concentran os beneficios terapéuticos dos produtos da colmea, ademais de ser aptos para todo tipo de cute, especialmente para peles sensibles ou con tendencia á deshidratación. Ademais, os apicosméticos da firma contan co poder do Mel de Galicia, herdando del a súa capacidade enerxética e as súas propiedades antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras, perfectas para paliar as dores e as molestias que sofren moitos peregrinos tras longas camiñadas.
Belacomea estará formada por toda unha gama de produtos destinados ao coidado corporal, a nutrición e a reparación da pel de zonas concretas, como son: bálsamo para pés, ApiReparador bálsamo corporal, ApiDor bálsamo corporal, xabón natural de mel e própole, crema reparadora de mans e unllas, crema facial anti-idade e crema corporal enriquecida. A liña idónea para todas as persoas que queiran levar un estilo de vida máis natural.
Nun tributo á senlleira relación entre peregrinos e produtos da colmea, para alén da presentación celebrada en Santiago de Compostela, a Agrupación Apícola de Galicia prevé a celebración de diferentes actos ao longo de distintos puntos do Camiño de Santiago, sempre en estrito cumprimento da normativa de seguridade sanitaria. As datas e lugares daranse a coñecer mañá durante a presentación.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |