Api-Divulgación

MEDIDAS DE BIOSEGURIDADE

Saúde na colmea


Resulta de vital importancia saber interpretar o que acontece dentro do colmear, tanto se estamos realizando labores de mantemento coma de coidado, coñecer os comportamentos das abellas e os posibles diagnósticos.

Do mesmo xeito, é imprescidible coñecer o bo manexo do apiario, posto que toda práctica gandeira está regulada por unhas normas de obrigado cumprimento que permiten regularizar e optimizar o traballo do gandeiro co contorno social que o rodea. Na apicultura, as normas que rexen a instalación dos apiarios están redactadas nos Reais Decretos 209/2002 e 448/2005. Aínda que hoxe en día moitos apiarios non cumpren coa lexislación establecida, a súa regularización é un feito que se debe asumir para protexer ao consumidor e evitar posibles denuncias administrativas ou de particulares.

Varroose


A varroose constitúe unha das enfermidades máis graves que afectan ás abellas, causando grandes perdas económicas polo efecto daniño directo e indirecto. A gravidade desta parasitación xustificou a creación do Programa Nacional de Loita e Control de Enfermidades das abellas do mel, e é a única enfermidade apícola que obriga, polo menos, a un tratamento anual das colmeas.



Loque


A Loque é unha enfermidade de orixe bacteriano que afecta á cría nos seus primeiros estadios de desenvolvemento, provocando a morte da colmea. O axente causal desta infección é diferente se falamos de Loque europea ou Loque americana.

Nosemose


A nosemosis é unha doenza producida polo Nosema apis e ceranae, un microorganismo que parasita as células da parede interna do intestino das abellas impedindo que dixiran os alimentos e asimilen os nutrientes, podendo provocar a súa morte.



Outros problemas


Coñece máis acerca doutros perigos e doenzas que poden repercutir na vida das abellas e no desenvolvemento da colmea, grazas á información que a OIE pon á disposición dos apicultores, a través do Laboratorio de Referencia da Unión Europea para a saúde das abellas.

parallax background
VELANDO POLA SEGURIDADE DO CONSUMIDOR

Guía de Boas Prácticas


Coñécea
honey-pic9honey-pic10
TENDA