TODO O QUE DEBES SABER
Resolvemos as túas dúbidas
A través das seguintes cuestións descubrirás todo o que concirne á Loque americana, unha enfermidade infecto-contagiosa moi virulenta e destrutiva. Sen dúbida, trátase dunha das doenza máis importantes da apicultura actual que, por outra banda, non supón ameaza algunha para a saúde humana, pero si resulta devastadora para o futuro do colmear.
Que é a Loque
Como podo saber se a miña colmea a ten
Debo esperar ou non a que a colmea dea mal olor para saber que a padece
Que fago se a teño
Que tratamento é mellor para combatila
Medidas de hixiene e desinfección da caixa e do resto do material
Se optamos por queimar só os cadros (tanto de cría coma, segundo o caso, de mel) e conservar a caixa, táboa de vóo, entretapa, etc.; deberíamos proceder a unha desinfección. Esta deberá realizarse da seguinte maneira: en primeiro lugar introducir o material nunha solución de auga e un 10% de lixivia (9 partes de auga por 1 de lixivia) e deixar durante 30 minutos. A lixivia non é efectiva con restos de materia orgánica, polo que o material deberá sumerxerse libre de restos de cera, própole... etc. Cada certo tempo, se temos moito material deberemos renovar a auga e a lixivia. Tambén se pode somerxir en sosa ao 6%, botando auga, logo a sosa e quentando ata que case ferva. As medidas serán 1,5 kg de sosa para 25 litros. Neste caso, os arames si que habería que cambialos. A continuación, pasar o material a un recipiente coa auga para o seu aclarado. Finalmente, deixalo secar para volver a utilizalo. Se temos un soplete flamearemos de forma lenta ata que a madeira quede lixeiramente dourada.