O programa matinal da Televisión de Galicia, A Revista, adicaba este luns unha sección a Belacolma. Nela, exporíanse os produtos, características e beneficios da que representa a primeira liña galega de apicosmética a base de Mel de Galicia con Indicación Xeográfica Protexida.
No espazo matinal conducido por Loly Gómez, Ester Ordóñez, en representación da Agrupación Apícola de Galicia, expoñía as cualidades que identifican e fan única a Belacolmea, a liña de apicosmética destinada ao coidado e ao benestar corporal que vén da man do Camiño de Santiago e da IXP Mel de Galicia, disposta a proporcionar conforto aos peregrinos na súa andaina. Non en balde, Belacolmea atópase incluída no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, orientado á promoción do Xacobeo 2021-2022.
Ester Ordóñez lembroulles aos espectadores que a apicultura, en termos xerais, e o mel en concreto están profundamente asentados en Galicia dende tempos inmemoriais, constituíndo unha importante parte do seu patrimonio cultural, botánico e etnográfico. Porén, tamén se estreitaron lazos entre a apicultura e o Camiño de Santiago ao longo da historia, posto que todos os camiñantes que atravesaban estas terras se beneficiaban dos produtos apícolas, servíndose do seu poder estimulante, de curación, cicatrizante e refrescante como remedio.
Nun tributo a esta senlleira relación entre peregrinos e produtos da colmea, a Agrupación Apícola de Galicia prevé a súa presenza en forma de punto de información e venda ao longo de seis localizacións diferentes dentro do Camiño de Santiago. Comezando por este sábado 5 de xuño en Lalín, concretamente estarán entre as 12 h e as 18 h en fronte do Albergue de A Laxe no municipio lalinense.
Coma ben se contou, Belacolmea nace como unha liña de apicosmética especialmente formulada para o coidado da pel, buscando a prevención e solución de todas as alteracións que esta poida sufrir, a través de formulacións naturais específicas. Entre as bondades dos seus bálsamos e cremas destaca que concentran os beneficios terapéuticos dos produtos da colmea, ademais de ser aptos para todo tipo de cute, especialmente para peles sensibles ou con tendencia á deshidratación. Ademais, os apicosméticos da firma contan co poder do Mel de Galicia, herdando del a súa capacidade enerxética e as súas propiedades antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras, perfectas para paliar as dores e as molestias que sofren moitos peregrinos tras longas camiñadas.
Belacomea está formada por toda unha gama de produtos destinados ao coidado corporal, a nutrición e a reparación da pel de zonas concretas, como son: bálsamo para pés, ApiReparador bálsamo corporal, ApiDor bálsamo corporal, xabón natural de mel e própole, crema reparadora de mans e unllas, crema facial anti-idade e crema corporal enriquecida. A liña idónea para todas as persoas que queiran levar un estilo de vida máis natural.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie | Duration | Description |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.
Other uncategorized cookies are those that are being analyzed and have not been classified into a category as yet.