A Asociación para o Desenvolvemento Rural de Ourense —Adercou—, xunto coa Agrupación Apícola de Galicia e investigadores da Universidade de Vigo —campus Vigo e campus Ourense—, uniron forzas para levar a cabo un amplo estudo das características do mel e das súas vantaxes na súa utilización dentro do ámbito da cosmética. O obxectivo desta iniciativa é axudar aos apicultores a diversificar os produtos da colmea, adentrándose nun novo sector que lle permitirá aumentar as súas ventas e continuar vivindo no rural e do rural. O resultado materializarase co nacemento da marca Belacolmea.
Tódalas claves do proxecto
Coma ben explica na Guía de Proxectos do Ardecou Ester Ordóñez Dios, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia, supón «a creación de fórmulas maxistrais a base de produtos da colmea, onde o ingrediente principal é o Mel de Galicia, produto xa certificado e valorizado polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Mel de Galicia, con sona recoñecida a nivel mundial, e aceites esenciais, creando así unha cosmética apícola totalmente natural e que non deixará a ninguén indiferente.
Como parte da diversificación de produtos relacionados coa actividade apícola, a Agrupación Apícola de Galicia atrévese coa creación dunha liña de cosmética natural: Belacolmea, que conta co Mel de Galicia coma compoñente fundamental. Falamos de cosméticos de alta calidade para o coidado da pel, formulados con ingredientes cento por cento naturais, ecolóxicos e sostibles; libres de parabenos e doutras substancias tóxicas que se atopan presentes na cosmética de uso habitual. Ademais, a diferencia doutros produtos que conteñen mel, estes despuntan polo alto contido mineral, a riqueza vitamínica e antioxidante que lles aporta o Mel de Galicia.
A cosmética realizarase nun laboratorio especializado en cosmética e dermo farmacia que se encarga da elaboración das locións, bálsamos e cremas de Belacolmea, traballando sempre con materias primas vexetais de primeira calidade e o máximo respecto ao medio ambiente. Isto, unido ao bo facer artesanal, aos coñecementos técnicos actuais e ás técnicas máis avanzadas para o desenvolvemento de fórmulas maxistrais eficaces, darán lugar a unha liña cosmética sen precedentes».
Como se levará a cabo a comercialización?
Realizarase a través dos socios da Agrupación, posto que poderán vendela nas súas explotacións apícolas, feiras, mercados especializados aos que asistan, tendas nas que se comercialicen os seus produtos e a través da web da propia Agrupación Apícola de Galicia.
Coa vista posta no futuro
A pesar da presenza doutros produtos cosméticos no mercado que conteñen mel ou os seus derivados, Belacolmea é a única marca que se adica á comercialización de cremas con auténtico Mel de Galicia con IXP. Sen dúbida, un punto diferencial en pro da calidade que lle augura unha gran acollida no mercado no momento do seu lanzamento.
Consulta ‘GDR 11 – Adercou – Guía de Proxectos Programa LEADER-Galicia 2014-2020‘ ao completo.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie | Duration | Description |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.
Other uncategorized cookies are those that are being analyzed and have not been classified into a category as yet.