Este sábado 18 de setembro, entre as 12 h e as 18 h, a Agrupación Apícola de Galicia ten prevista a instalación dun punto de información e venda de Belacolmea no Lugar de Olveiroa, no municipio de Dumbría —A Coruña—. A elección desta localización non foi en balde, senón por ser un importante enclave para os peregrinos dentro do Camiño de Fisterra e Muxía. Esta ruta xacobea ten a súa orixe na cidade de Santiago de Compostela, mentres que a súa meta se atopa no cabo de Fisterra e no Santuario da Virxe da Barca de Muxía. Fin e inicio de etapa, o Lugar de Olveiroa supón a situación idónea para compartir cos camiñantes os recoñecidos beneficios da apicosmética natural..
Belacolmea materializa a senlleira relación entre peregrinos e apicultura, sendo unha liña de cosmética natural que aglutina os beneficios do Mel de Galicia con Indicación Xeográfica Protexida, así como doutros produtos da colmea como son o propóleo ou a cera.
Este sábado, no punto de información, os camiñantes recibirán como agasallo un Pack Peregrino composto por tres mostras: un bálsamo para pés de nutrición intensa e os bálsamos corporais ApiDor e ApiReparador. Todos eles contan co poder do Mel de Galicia, herdando del a súa capacidade enerxética e as súas propiedades antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras, perfectas para paliar as dores e as molestias que sofren moitos peregrinos tras longas camiñadas.
Do mesmo xeito, ofrecerase información a todas as persoas interesadas no ámbito da apicosmética en xeral, ou en Belacolmea en concreto, para alén de poder adquirir outros produtos pertencentes a esta liña de coidado corporal no mesmo posto.
Tras pasar por Lalín, O Porriño, Pontevedra, Arzúa e Dumbría, a Agrupación Apícola de Galicia prevé a colocación do último punto de información na vindeira semana. Será o sábado, 25 de setembro, no Cebreiro.
Finalmente, cabe lembrar que Belacolmea constitúe un dos proxectos incluídos no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, orientado á promoción e dinamización do Xacobeo 2021.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |