

Este sábado 5 de xuño, entre as 12 h e as 18 h, a Agrupación Apícola de Galicia ten prevista a instalación dun punto de información e venda de Belacolmea en fronte do Albergue de A Laxe, en Lalín —Laxe, 28 | 36512 Lalín—. Esta localización non foi elixida ao azar, senón por tratarse do final de etapa para os peregrinos que realizan o Camiño Sanabrés.
Belacolmea materializa a senlleira relación entre peregrinos e apicultura, sendo unha liña de cosmética natural que aglutina os beneficios do Mel de Galicia con Indicación Xeográfica Protexida, así como doutros produtos da colmea como son o propóleo ou a cera.
Este sábado, no punto de información, os camiñantes recibirán como agasallo un Pack Peregrino composto por tres mostras: un bálsamo para pés de nutrición intensa e os bálsamos corporais ApiDor e ApiReparador. Todos eles contan co poder do Mel de Galicia, herdando del a súa capacidade enerxética e as súas propiedades antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras, perfectas para paliar as dores e as molestias que sofren moitos peregrinos tras longas camiñadas.
Do mesmo xeito, ofrecerase información a todas as persoas interesadas no ámbito da apicosmética en xeral, ou en Belacolmea en concreto, para alén de poder adquirir outros produtos pertencentes a esta liña de coidado corporal no mesmo posto.
A Agrupación Apícola de Galicia prevé a colocación de cinco puntos de información máis ao longo dos vindeiros meses. Todas estas localizacións comparten o feito de ser zonas de tránsito ou chegada dos camiñantes que estean a realizar algunhas das rutas xacobeas. Concretamente:
Finalmente, cabe lembrar que Belacolmea constitúe un dos proxectos incluídos no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, orientado á promoción e dinamización do Xacobeo 2021.
| Cookie | Duración | Descrición |
|---|---|---|
| cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
| cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
| cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
| cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
| cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
| viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |