Lalín, O Porriño, Pontevedra, Arzúa, Dumbría… nos últimos meses, a Agrupación Apícola de Galicia ten percorrido as localizacións máis senlleiras do Camiño de Santiago da man de Belacolmea, a súa primeira liña de apicosmética, encargada de materializar a emblemática relación entre peregrinos e apicultura. Un vínculo establecido dende hai séculos grazas ao poder terapéutico, místico e lendario que os peregrinos outorgaban ao mel galego.
En todos estes municipios, instalouse un punto de información e venda desta liña de cosmética natural que aglutina os beneficios do Mel de Galicia con Indicación Xeográfica Protexida, así como doutros produtos da colmea como son o propóleo ou a cera. Neles, os camiñantes recibían como agasallo un Pack Peregrino composto por tres mostras: un bálsamo para pés de nutrición intensa e os bálsamos corporais ApiDor e ApiReparador. Todos eles con Mel de Galicia na súa formulación, herdando del a súa capacidade enerxética e as súas propiedades antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras, perfectas para paliar as dores e as molestias que sofren moitos peregrinos tras longas camiñadasa.
Tras comezar este periplo o pasado día 5 de xuño en Lalín, Belacolmea chega ao final desta “peregrinación” precisamente nas portas do Camiño Francés, recibindo aos camiñantes que accedan a Galicia entre as senlleiras pallozas que gardan séculos de historia. Será este sábado 25 de setembro, entre as 12.00 e as 18.00 horas cando poidamos achegarnos ao seu último punto de información e venda, instalado no Cebreiro —ao carón da Igrexa de Santa María A Real—.
A Agrupación Apícola de Galicia non só dará a benvida aos peregrinos, senón tamén ao outono, celebrando esta fin de viaxe co lanzamento dun novo produto que se suma á súa gama de cosmética natural: o Bálsamo Labial Reparador con Xelea Real. A súa formulación aporta unha poderosa hidratación e máxima suavidade aos beizos, ademais de calmar, reparar e protexer fronte aos axentes externos. Algo moi útil e necesario agora que comezan a descender os termómetros e que os nosos beizos precisan un plus de coidado.
Do mesmo xeito, no punto de información e venda ofrecerase información acerca deste e doutros produtos a todas as persoas interesadas no ámbito da apicosmética en xeral, ou en Belacolmea en concreto, para alén de poder adquirir calquera dos apicosméticos pertencentes a esta liña de coidado corporal no mesmo posto.
Finalmente, cabe subliñar que en cada un destes puntos, a Agrupación contou coa colaboración dos consellos reguladores da IXP Mel de Galicia, DOP Queixo Tetilla, DOP Arzúa-Ulloa, DOP San Simón da Costa, DOP Cebreiro, IXP Pan de Cea, IXP Pataca de Galicia e IXP Tarta de Santiago.
Belacolmea constitúe un dos proxectos incluídos no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, orientado á promoción e dinamización do Xacobeo 2021.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |