O pasado 20 de marzo, no marco da XXXIII Feira Apícola das Rías Baixas, a Agrupación Apícola de Galicia anunciaba a convocatoria do primeiro concurso de fotografia Abellas ao Voo, cuxo obxectivo sería premiar aquelas instantáneas que captasen a beleza das abellas na súa cotiandade mentres interactuaban coa contorna. O prazo de finalización do mesmo sería o pasado 5 de abril, momento no que se realizaría unha compilación das imaxes e posterior valoración.
Sen dúbida, a iniciativa tivo unha gran resposta, sendo máis de medio centenar de imaxes as que lograban entrar a concurso para, posteriormente, ser avaliadas por un xurado experto. Finalmente, o ditame deste tríade formado por un membro da Agrupación Apícola de Galicia, o fotógrafo profesional Ángel Sotelo e un compoñente da axencia de branding Naranjalimón Branding 360º, deuse a coñecer hoxe, 19 de abril.
Tras realizar o reconto das redes sociais e de sumar as puntuacións outorgadas polo xurado, a fotografía Chegar e encher, de Arsenio Blanco, acadaba o primeiro premio cun total de 20 puntos. Cunha puntuación de 16 ségueo Xabier González, autor de Retrato intimista dunha abella quen se coloca en segundo lugar. Finalmente, o terceiro premio recaería en Que rico está todo e na súa artífice, Susana Fernández, cun total de 14 puntos.
Dende a Agrupación Apícola de Galicia queren agradecer a gran acollida que tivo a primeira edición deste concurso fotográfico para profesionais e afeccionados, así como destacar a calidade e a valía das fotografías realizadas por todos os participantes que quixeron achegar un pouco máis o universo da apicultura ao público en xeral. Co fin de recoñecer o seu labor e esforzo, todas as imaxes que entraron a formar parte de Abellas ao Voo estarán presentes nunha sección da web que promete visibilizar o seu traballo.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |