A canle de televisión ourensá Telemiño, adica o seu espazo La Entrevista de Hoy á Feira Apícola das Rías Baixas, celebrada o sábado 20 de marzo, entre as 10.30 h e as 20.00 h, integramente en streaming.
Nunha entrevista a Ester Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia e presidenta do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia, coñecemos os pormenores desta cita tan especial coa apicultura galega: os asistentes, o formato de emisión, a cata comentada virtual dos distintos tipos de mel da IXP Mel de Galicia e a celebración dun concurso fotográfico.
Ester Ordóñez anunciaba a celebración dun concurso fotográfico por parte da Agrupación Apícola de Galicia, cuxo plazo de participación comezaba o 20 de marzo e rematará o vindeiro 5 de abril.
Poderán participar as persoas maiores de idade, afeccionados á fotografía ou profesionais, con ata dúas instantáneas. As fotografías terán como obxectivo captar a beleza das abellas na súa cotiandade, mentres interactúan coa contorna: nos colmeares, coas flores, con outros elementos da natureza…
Os participantes optarán a tres galardóns en metálico. Un primeiro premio de 500 euros, un segundo premio de 300 euros e un tercer galardón de 200 euros.
Para máis información, as bases están dispoñibles a través da web da Agrupación.
Dende a Agrupación Apícola de Galicia animan á participación nesta Feira Apícola das Rías Baixas, así coma nas súas Xornadas Internacionais de Apicultura, un paso máis na profesionalización do sector. Do mesmo xeito, subliñan que o universo apícola constitúe unha posibilidade de negocio sostible e real, todo un motor de desenvolvemento do agro galego que favorece a vida no rural e do rural.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |