Este 29 de marzo, o programa protagonista das tardes da Televisión de Galicia, ‘Quen anda aí?’, dedicaba un espazo á Feira Apícola das Rías Baixas e, en concreto, á cata virtual comentada que terá lugar no marco das Xornadas Internacionais de Apicultura.
No magazine conducido por Roberto Vilar, Ester Ordóñez, en representación da Agrupación Apícola de Galicia, e Beatriz Ríos, técnica e formadora do panel de cata da IXP Mel de Galicia, expoñían a íntima relación existente entre a apicultura, o mel e o territorio sendo a súa orixe a que marca moitas das súas diferenzas. Precisamente para poñer este punto de manifesto, durante a cata virtual comentada que se celebrará o vindeiro sábado, 9 de abril, no marco da Feira Apícola das Rías Baixas, as persoas inscritas poderán emprender unha viaxe sensorial a través dos meles da IXP Mel de Galicia e da DOP Miel de la Alcarria, sendo así conscientes destas diferenzas.
Como o seu propio nome indica, as Xornadas Internacionais de Apicultura contarán con profesionais altamente cualificados procedentes de países coma Francia, Italia ou Arxentina. A través dos seus relatorios, encargaranse de abordar as temáticas que máis preocupan ao sector, vencelladas coa saúde das abellas, o futuro da colmea e incluso da propia apicultura.
Deste xeito, as persoas que conecten en streaming o vindeiro 9 de abril, entre as 10.30 h e as 20.30 h, con estas xornadas celebradas integramente online en rigoroso directo, poderán asistir á exposición de temas coma: ‘Innovación no proceso produtivo para unha apicultura sustentable’, no que a Agrupación Apícola de Galicia exporá os primeiros resultados dos seus estudos de cara a unha revolucionaria innovación tecnolóxica que facilitaría o traballo nos colmeares. A seguir, o francés Gilles Fert, un dos apicultores, consultor e formador máis recoñecidos a nivel mundial, abordará acría de raíñas no seu relatorio ‘Por que é bo e importante manter raíñas xóvenes nas vosas colmeas’. Dende Italia, Antonio Nanetti, membro do Consello de Investigación Agrícola e Análise de Economía Agrícola deste país, abordará o ‘Uso do Ácido Oxálico fronte ás enfermidades da Apis mellifera’ como pode ser a temida varroa. Finalmente, o médico veterinario especialista en produción apícola E. Martín Colombani, instruirá aos presentes dende Arxentina acerca do ‘Manexo posinvernal das colmeas de Apis mellifera’ para evitar a súa morte unha vez comece o inverno.
Agardámosvos na feira máis melosa de Galicia!
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |