A apicultura é unha das actividades agrogandeiras de maior tradición en Galicia. Nos últimos anos incorporouse unha boa cantidade de mozos/as, sen embargo, é unha actividade moi vulnerable aos cambios que suceden nun entorno globalizado actual.
É por iso que dende a Agrupación Apícola de Galicia pensamos en facer este proxecto de “Innovación no proceso produtivo par aunha apicultura sustentable” co que se pretende fomentar un sector apícola produtivo, competitivo, con alto grao de resiliencia ás ameazas, e polo tanto, economicamente viable.
Ten como obxectivo principal incrementar a competitividade e sustentabilidade do sector apícola galego, a través da diversificación da produción e a redución dos custes de produción, especialmente no caso dos asociados debido ás perdas provocadas polo cambio climático, o ácaro Varroa destructor e a Vespa velutina.
O proxecto dirixirase a promocionar a produción de pole e propóleos e a indagar nas calidades destes produtos. Así mesmo, seleccionaranse os formulados alimenticios que mellores resultados presenten de cara a unha alimentación eficiente das abellas e manter a supervivencia das colmeas nos momentos de asedio por parte da Vespa velutina. A introdución das novas tecnoloxías de monitorización remota das colmeas, baseado na tecnoloxía loT para un mellor control do estado das colmeas de maneira remota, obtendo os parámetros idóneos para aplicación dos tratamentos que optimicen a súa efectividade e poder estimar as necesidades alimenticias das colmeas. A consecuencia de todo isto redúcese a pegada de carbono e increméntase a rendibilidade da explotación.
Esta tecnificación busca a mellora nas explotacións e a modernización das mesmas permitindo o manexo axeitado das colmeas de forma rendible e sostible, a redución da taxa de abandono das explotacións, a produción de produtos apícolas de calidade con alto valor engadido, o aseguramento da calidade alimentaria e a introdución en mercados máis exixentes.
Dito proxecto está encadrado entre as axudas para o apio de proxectos piloto para o desenvolvemento no ámbito agroforestal, está cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |