O programa matinal da Televisión de Galicia, A Revista da Fin de Semana, adicaba este domingo unha sección ao Mel de Galicia. Nela, trataríanse temas como as características diferenciais, a modificación do prego de condicións e as noticias de actualidade vencelladas coa indicación xeográfica galega.
No espazo matinal conducido por Almudena R. de Urzáiz, José María Seijo, presidente da Agrupación Apícola de Galicia, e Ester Ordóñez, presidenta do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia, expoñían as notas que identifican e fan únicos aos meles galegos, así como a súa calidade excepcional, a introdución do “mel de melada” ou “Mel de bosque” no prego de condicións da Indicación Xeográfica Protexida, sen esquecer un repaso ás últimas novas vencelladas co mel galego ou as previsións de futuro para a apicultura na nosa comunidade.
As particularidades da climatoloxía galega, a súa xeomorfoloxía, climatoloxía e vexetación dan lugar a diversos tipos de meles de moi diferentes características, texturas, padais e beneficios. Como ben relataban no programa, aínda que o Mel de Galicia é unha denominación única, no seu seo atopamos o mel Mil Flores e os monoflorais de eucalipto, castiñeiro, breixo e silva.
Atendendo á realidade actual, recentemente a familia meleira medraba para dar a benvida a unha nova categoría de mel, o “mel de melada”, que poderá levar a mención “Mel de bosque” na súa etiquetaxe. O seu espectro polínico corresponderase coas plantas características da vexetación galega, destacando a presenza dos tipos polínicos Castanea sativa, Rubus, Cytisus/Genista e Erica. A incorporación desta categoría no prego de condicións foi aprobada recentemente pola Comisión Europea, supoñendo un importante logro para o selo de calidade galego, posto que eran unha premisa moi demandada dentro do sector.
Sen dúbida, a eterna pregunta! Se en algo se incidiu ao longo da sección, é na importancia de buscar a contraetiqueta Mel de Galicia, Indicación Xeográfica Protexida á hora de adquirir este produto no mercado. Un garante de que estamos ante un mel de orixe cento por cento galego, sometido aos máis rigorosos controis tanto sanitarios coma de calidade. Unha xoia gastronómica cun aporte nutricional superior aos demais, xa que posúe o maior contido en minerais e vitaminas rexistrado.
Por iso mesmo, piden a colaboración da poboación á hora de seguir confiando no Mel de Galicia no momento de facer a lista da compra. Deste xeito, non só se estarán protexendo como consumidores, senón tamén cooperando cos apicultores locais, apoiando ao campo galego, mantendo a biodiversidade e apostando por un cobizado produto que compite en calidade diferenciada no mercado do mel a nivel mundial, onde ten unha moi boa aceptación e posicionamento.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |