A Agrupación Apícola de Galicia encóntrase inmersa no proxecto ‘Innovación no proceso produtivo para unha apicultura sustentable‘, un plan de tres anos cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, en colaboración co CFEA de Sergude, a IXP Mel de Galicia e a Universidade de Vigo.
No eido deste proxecto, estase a empregar tecnoloxía IoT —Internet of Things— destinada a mellorar a xestión das colmeas mediante a monitorización continuada. Isto permite controlar en todo momento e tempo real as diferentes necesidades nutricionais das colmeas sen ter que abrilas ou desprazarnos ata o apiario constantemente.
En base a este estudo e, en vista dos resultados obtidos polo sistema de control do proxecto instalado en catro colmeares —en zona de montaña no interior de Lugo, no interior da zona baixa correspondente coa Ribeira Sacra, na costa das Rías Baixas e na costa cara a zona interior—, a veterinaria e os técnicos da Agrupación Apícola de Galicia recomendan a mes de maio: controlar as reservas e ver que as colmeas teñan néctar fresco, para evitar a súa mortaldade por falta de alimento.
O seguimentos destes colmeares reflectiu:
1. Nas colmeas do interior das montañas de Lugo nótase un descenso acusado no peso, debido ao consumo das reservas de mel e á falta da entrada de néctar fresco polo mal tempo.
2. Nas colmeas no interior da zona baixa de Galicia, nas que se lle colocou media alza en abril, o consumo das reservas equivalen á entrada do alimento, é dicir, o néctar que están metendo é para o seu propio consumo e non para almacenar.
3. Nos colmeares de costa a entrada de alimento estabilízase dado que o consumo é igual á entrada de néctar/pole, xa que contan coa floración do eucalipto.
4. As colmeas da costa galega cara a zona interior teñen entrada de alimento e contan co espazo suficiente para evitar a saída de enxames, pero sen acumulación neta de alimento.
Nas seguintes imaxes pódese apreciar a existencia de moitas abellas mortas por fame. Hai que fixarse no desoperculado de cría e no canibalismo.
Preme aquí para ver o informe da análise de resultados na nosa canle de Youtube
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |