
Durante a súa intervención, Gómez destacou o potencial do sector apícola galego, que sitúa a Galicia como a terceira comunidade autónoma con maior número de explotacións. Subliñou tamén a importancia da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, que en 2024 acadou unha produción de máis de 200.000 quilos, xestionados por 240 produtores e case 40.000 colmeas, cun valor económico superior aos 1,8 millóns de euros.
A conselleira fixo referencia tamén ao crecemento do mel ecolóxico galego e ao papel dos 12 envasadores rexistrados dentro do distintivo Artesanía Alimentaria, que contribúen a dar visibilidade e calidade ao produto.
Gómez reafirmou o compromiso do Goberno galego co sector, lembrando que a Xunta leva investidos máis de 10 millóns de euros nos últimos anos en liñas de axuda específicas para fomentar a apicultura. Estas achegas inclúen accións para combater pragas como a avespa velutina ou enfermidades que afectan ás colmeas.
A maiores, lembrou que a Consellería xestiona dúas liñas específicas dentro da Política Agraria Común (PAC): unha para apicultura vinculada á biodiversidade e outra dirixida á apicultura ecolóxica. Tamén se impulsan accións de promoción de produtos con selo de calidade, como a IXP Mel de Galicia, en eventos gastronómicos e feiras do sector.
A conselleira puxo en valor o simbolismo desta feira, que “permite exaltar un produto estreitamente ligado á nosa historia e tradicións”, e destacou a presenza da apicultura na paisaxe galega a través das alvarizas, elementos que cualificou como “exemplo da arquitectura tradicional e parte esencial da riqueza etnográfica de Galicia”.
| Cookie | Duración | Descrición |
|---|---|---|
| cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
| cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
| cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
| cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
| cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
| viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |