

No Porriño esta fin de semana celebran a trixésimo oitava edición da Feira Apícola Rías Baixas, unha oportunidade non só para mercar mel senón para coñecer, da man de expertos e de experiencias didácticas, cales son as propiedades nutricionais e terapéuticas do ouro doce galego.
Do mesmo xeito, analízase o estado do sector apícola que, por varios factores, reduciu o ano pasado a súa produción á metade.
En feiras coma esta, a apícola Rías Baixas do Porriño, aprendemos do noso. Todo o mel que aquí se vende leva esta etiqueta de Indicación Xeográfica Protexida que indica que estamos ante un mel cen por cen galego.
“Teñen o garante, os consumidores, que o mel galego ten unha calidade diferenciada. Pedimos parámetros maiores que a norma de calidade do mel a nivel español, e está controlado desde a colmea ata o punto de venda, así que a nivel de calidade todos os meles etiquetados están ben”, conta a TVG Ester Ordóñez, a veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia.
En feiras coma esta aprendemos que o mel é un produto intimamente ligado ao territorio galego, ao chan granítico, ao clima atlántico, á floración maiormente silvestre. Un estudo avalado pola Universidade de Vigo expón que a calidade nutricional do mel galega é superior.
“Que o mel de Galicia comparado coas táboas nutricionais de mel que existen a nivel mundial e que están publicadas, ten máis vitaminas, máis minerais, e un nivel de antioxidantes a destacar e que se pode comparar incluso con froitas e verduras. Así que xa sabedes que é unha marabilla”, explica Ester Ordóñez, a ceterinaria da Agrupación Apícola de Galicia.
E ademais de ser esta unha feira clásica con postos, con compra e venda, a feira do mel ofrece actividades didácticas. Desde clases de cociña, ata catas coma a deste serán nas que casamos mel e queixo.
“De toda a vida case toda a xente das aldeas tiña na súa casa queixo e mel. Porque todo se producía na casa. É un matrimonio perfecto porque equilibra moi ben algo moi doce, o mel, co queixiño que sempre tira a ácido, os queixos do país, tipo Tetilla, ou Arzua-Ulloa, e entón é un matrimonio marabilloso”, relata André Arzúa, de Espazo Abella.
Pero a Feira Apícola das Rías Baixas, déixanos tamén datos e cifras da man da agrupación apícola de Galicia. 2024 volveu ser un mal ano de produción. O ácaro varroa, as velutinas, o cambio climático e a proliferación de meles de fóra de peor calidade están poñendo en risco o ouro doce galego.
| Cookie | Duración | Descrición |
|---|---|---|
| cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
| cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
| cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
| cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
| cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
| viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |