Despois de dúas edicións máis contidas e austeras marcadas pola pandemia da covid-19, a Feira Apícola Rías Baixas chega á súa trixésimo quinta edición con máis forza ca nunca da man dun extenso e ambicioso programa de actividades dirixidas tanto aos maiores coma os cativos da casa.
Organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, xunto coa Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e o Concello do Porriño, este evento constitúe un importante encontro cos mellores profesionais do sector e unha cita indispensable para todas aquelas persoas afeccionadas ao mundo das abellas.
A apertura da feira terá lugar este sábado 1 de abril, ás 10 da mañá, a mesma hora á que arrincarán as Xornadas Técnicas Internacionais de Apicultura, que terán lugar no Salón de Plenos do Concello entre as 10.00 h e as 20.30 h.
No programa inclúense unha cata comentada da IXP Mel de Galicia e da DOP Miel de la Alcarria, así coma degustacións dos queixos e meles con certificación de orixe premiados nas Catas de Galicia 2022.
Ademais da Feira do Mel e o xa tradicional mercado de artesanía Bee Happy Market, haberá obradoiros infantís, discoteca móbil e unha ruta de tapas que dará comezo o venres 31 de marzo.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |