Programa de control

GARANTÍA DE CALIDADE

Control, amparo e certificación


O 27 de novembro de 2015 en reunión da comisión de acreditación ENAC concede a acreditación á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia como entidade de certificación de produto con n.º 140/ C- PR280.

Este certificado garante que todo o proceso de extracción, almacenamento e envasado cumpren os altos requisitos de calidade que este certificado esixe, pero ademais dun modo independente e obxectivo.

Con esta acreditación recoñécese, tras anos de traballo, a competencia técnica do Consello Regulador da IXP para certificar o Mel de Galicia segundo a norma UNE- EN ISO/ IEC 17065.

Para garantir a calidade do mel o Consello Regulador controla todo o proceso desde a colmea ata o punto de venda levando a cabo inspecciones periódicas nas explotacións apícolas, nas plantas de envasado así como en puntos de venda velando deste xeito polo cumprimento das esixencias do Prego de Condicións.

TENDA