Obxectivo:
O obxectivo xeral é desenvolver un recurso dixital, tanto para a web como para dispositivos móbiles, que beneficie á apicultura galega mediante a dixitalización da información recollida nas visitas aos colmeares e o establecemento dunha rede de comunicación áxil e bidireccional entre apicultores e persoal técnico.
Así conseguirase:
Con todo elo tamén se vai a conseguir:
Beneficios:
Con este Grupo Operativo vanse acadar beneficios económicos, medioambientais e sociais. O proxecto vai mellorar a capacidade tecnolóxica e modernizar o sector apícola, reconvertendo as explotacións para que sexan máis sostibles, utilizando os recursos con maior eficiencia e favorecendo o traballo diario de apicultores e técnicos.
Esta tecnoloxía permitirá que os apicultores se adapten mellor aos retos presentes e futuros do sector, pero tamén para que sexan punteiros a nivel nacional en canto á implementación de xestión das explotacións apícolas. Calcúlase que este recurso pode ser utilizado polos apicultores galegos (preto de 5000), pero tamén por todos os apicultores españois, xa que non hai un recurso similar no territorio nacional. Incluso podería ser utilizado polos apicultores do Norte de Portugal, cunha apicultura similar á nosa.
Entidades:
Neste proxecto participa a Agrupación Apícola de Galicia, cunha longa traxectoria en apicultura (asesoramento, programas sanitarios, proxectos e interlocución con entidades). O Consello Regulador da IXP Mel de Galicia, referente do sector, que agrupa aos apicultores con maior grado de profesionalización. Por outra banda, a Universidade de Vigo participa con persoal de dous departamentos. O profesorado de Informática ten experiencia na creación e desenvolvemento de redes dixitais, prototipado e implementación de plataformas na nube. O profesorado de Bioloxía Vexetal ten máis de 30anos de experiencia en actividades relacionadas co sector apícola (investigación, proxectos, docencia e transferencia). Finalmente, participan unha apicultora e un apicultor, que complementan o grupo coa súa experiencia a nivel de campo. É un grupo multidisciplinar que se complementa á perfección para os obxectivos do proxecto.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |