
O Porriño acoge el sábado 21 la Feria Apícola Rías Baixas
Marzo 21, 2020
Convocadas as axudas para mellorar a produción e comercialización do mel
Xullo 9, 2020Combater a incidencia da vespa velutina nos apiarios estase convertendo nun piar fundamental para o devir de moitos apicultores galegos nos últimos anos. Aínda que non existen solucións que garantan a protección total das colmeas fronte a esta ameaza, hai diferentes propostas que poden contribuír a reducir a presenza de velutinas e os danos que causan nos apiarios.
O campo de demostración de técnicas e manexo da colmea contra a vespa velutina que se levou a cabo en meses pasados dentro da programación do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (CFEA), en Boqueixón (A Coruña), afondou nalgunhas das claves para atallar a praga sobre os apiarios. “Os obxectivos do campo de demostración eran amosar ós apicultores un plan de actuación integral para loitar contra a vespa velutina e minimizar as consecuencias da súa presenza nos apiarios”, explican dende o equipo do centro que coordinou a actividade.
Outro dos aspectos claves nesta loita contra a vespa velutina é o manexo das trampas, ferramentas indispensables para reducir os seus efectos na colmea nos meses de maior actividade do insecto asiático. Neste taller abordaron tamén o manexo das arpas, para proporcionar ó apicultor algunhas claves a ter en conta para mellorar o uso destes sistemas.
Decisións axeitadas
Á marxe de contar con ferramentas coma as trampas, que axuden na loita contra a velutina, unha das claves está en tomar as decisións axeitadas para colaborar coas abellas na loita que fan contra as velutinas. “Buscabamos amosarlle ó apicultor aspectos claves nos que fixarse para descifrar a situación da colmea coa fin de que teña un criterio propio e coñecemento de todo o que observa para tomar as decisións axeitadas no momento oportuno”, detallan.
Así, un dos indicadores fundamentais para valorar a situación de estrés que hai na colmea é a posta de cría que ten a colmea. “Se non hai postas significa que a colmea ten tanto estrés pola velutina que non está entrando alimentación foránea, o que leva a que pase case un mes sen rexeneración activa”, explica Javier Seijo, técnico da Agrupación Apícola de Galicia que se encargou de impartir o curso, que contou con 15 participantes.
No caso desta experiencia, realizada nas instalacións do propio centro, onde instalaron 10 colmeas novas, a presión da velutina foi moi intensa. “Chegamos a contabilizar unhas 40 velutinas asediando á colmea, unha cantidade moi elevada que só vira noutras zonas de Galicia coma a Mariña lucense ou en Tomiño (Pontevedra), pero que non era moi habitual na zona de Santiago”, detalla o técnico da Agrupación Apícola.
Publicado en: Campo Galego



