Sobre o proceso de pago
Maio 14, 2021En caso de produto defectuoso ou referencia incorrecta, o cliente deberá enviar un mail a belacolmea@apicoladegalicia.com cos datos do pedido e unha fotografía do recibido, para que poidamos solucionalo rapidamente, enviando, de ser o caso, un transporte para recoller o/os produto/s xunto coa embalaxe orixinal.
Unha vez que recibamos os produtos devoltos, revisarémolos a través dun control de calidade.
Salvo proba do contrario, entenderase que os produtos son conformes co contrato sempre que cumpran todos os seguintes requisitos:
- Que se axusten á descrición realizada polo vendedor e posúan as características do produto que o vendedor presente ao consumidor.
- Que sexan aptos para os usos aos que ordinariamente se destinen os produtos do mesmo tipo.
- Que presenten a calidade e as prestacións habituais dun produto do mesmo tipo que o consumidor e usuario poida esperar segundo a natureza do produto.
Se o control de calidade confirma a desconformidade, os defectos do produto devolto, ou comprobamos o envío erróneo da referencia do produto, causas todas elas alleas ao cliente, contactaremos con este para confirmar o reembolso, que se realizará nun prazo máximo de 14 días naturais, incluíndo: o importe abonado polo/s produto/s obxecto da devolución e, no seu caso, os gastos de envío iniciais e os gastos de envío xerados pola devolución, ou enviar a mercadoría solicitada sen coste adicional. O reembolso realizarase mediante a mesma forma de pago elixida polo cliente no momento de realizar o pedido.
Se tras o control de calidade non se detecta ningunha desconformidade nin defecto de material de fabricación, realizaremos o reembolso do prezo do produto, máis os gastos de envío iniciais. Neste caso, o cliente deberá facerse cargo dos gastos de envío que poidan derivar da devolución.
Polo tanto, non efectuaremos reembolso nos seguintes casos:
– Produtos danados debido a un uso incorrecto ou a unha neglixencia.
– Produtos non adquiridos no Sitio Web.
– Produtos usados, cuxo envase fose aberto e/ou manipulado.
