Realízanse envíos a toda a UE?
Maio 14, 2021Problemas co meu produto
Maio 14, 2021Poderase elixir a forma de pago que máis conveña entre:
PayPal: empresa pertencente ao sector do comercio electrónico por Internet que permite a transferencia de diñeiro entre usuarios que conten cun correo electrónico. Trátase dunha alternativa ao tradicional método de pago en papel, como son os cheques e os xiros postais. Trátase do servizo intermediario de pago de maior confianza, rápido e sinxelo para enviar un pago a calquera comercio rexistrado en PayPal.
Pódese pagar vía PayPal independentemente se se ten unha conta en PayPal xa ou non. Se non se ten conta, pódese pagar como invitado na pasarela segura de PayPal. En ningún momento se transmiten datos da súa tarxeta de crédito. Se ten conta xa en PayPal siga os pasos normais.
A operación de pago online realízase a través do intermediario PayPal, mediante un servidor seguro baseado no estándar SSL, garantindo así a total confidencialidade dos datos. Cando se realiza a transacción, PayPal cobra na tarxeta de crédito do comprador a cantidade especificada e envía ao instante a confirmación do pago, procedendo así ao envío do produto. Despois de pagar na pasarela é preciso seguir o enlace que leva de novo á tenda, así finalizará o pedido.
Pago mediante tarxeta: pódese pagar con tarxeta de crédito ou débito na Pasarela segura de ABANCA. Importante: despois de pagar na pasarela é preciso seguir o enlace que leva de novo á tenda, así finalizará o pedido.
Bizum: poderá pagar a través da súa conta de Bizum dunha forma doada, sinxela e segura. Introduza o número de teléfono móbil e a clave de Bizum que obtén a súa App de Bizum), confirmando a compra.
