Abelleiro europeo. Unha realidade no control da Vespa velutina
D. José Manuel Fernández Ornitólogo naturalista e investigador dentro do equipo de ecoloxía da Universidade de Alcalá de Henares (Madrid), estuda o abelleiro europeo coma control contra a vespa velutina, e xa conta con publicacións sobre este tema en revistas con carácter científico coma Journal Of Avian Biology e Oecologia, entre outras.
Retos e perspectivas da investigación apícola en Galicia
Dra. Carmen Seijo Coello Catedrática da área de Botánica, dende o ano 1990 desenvolve a súa actividade profesional como docente e investigadora no Campus de Ourense (Facultade de Ciencias) da Universidade de Vigo. Conta con mais de 100 publicacións científicas e outras tantas publicación de divulgación, fundamentalmente de apicultura. Así mesmo, ten participado en numerosos congresos nacionais e internacionais.
Varroa destructor: danos ás abellas e control
Dr. Ernesto Guzmán Novoa Profesor e Director do Centro de Investigacións en Abellas Melíferas da Universidade de Guelph en Ontario, Canadá, é un apaixonado do estudo desta especie. De feito, mantivo varias colmeas mentres estudaba na Universidade Nacional de México, onde obtivo o título de Médico Veterinario. Conta cos graos de Mestría en Ciencias e Doutoramento en Entomoloxía da Universidade de California, nos EUA. É autor e coautor de máis de de 450 publicacións, recibiu numerosos recoñecementos nacionais e internacionais e, actualmente, é Presidente da Asociación Canadense de Profesionistas Especialistas en Abellas.
Impacto da produción de própole na rendibilidade da explotación apícola
Dna. Sandra Barbosa Enxeñeira biotecnolóxica. Acadou o Mestrado en Química dos Produtos Naturais e dos Alimentos na Universidade de Aveiro e, dende o ano 2005, compaxina a súa actividade empresarial coa actividade docente, principalmente no IPB, ISLA e CEPU, así coma traballa coma formadora en varias entidades. No 2021 iniciou o Doutoramento en Agrichains sobre o potencial da produción de própole e o desenvolvemento de novos produtos (UTAD, Universidade do Miño e Universidade de Aveiro).
A importancia da conservación da abella local en Galicia. Queres participar no Grupo Operativo PANEGA coa túa explotación?
D. Rubén Fernández graduado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico da Agrupación Apícola de Galicia, apicultor profesional e criador de raíñas e abázcaros.