A sede do Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás acolleu onte a presentación da 34 edición da Feira Apícola de Galicia, que por terceiro ano consecutivo se celebrará de maneira telemática este sábado, 9 de abril, e que contará con ponencias de expertos de ámbito internacional dende países como Arxentina, Francia e Italia, catas de mel e unha actividade didáctica no colexio Ruxidoiro.
O presidente da Agrupación Apícola de Galicia, José María Seijo, fixo un repaso da programación, que arrancará ás 10,30 horas cunha ponencia sobre información do producto e sistemas de I+D+i. Seijo indicou que “non fai falla ir ás colmeas, a través do móbil podemos estar lendo o que está pasando no noso colmear”, grazas a un sistema desenvolvido coa axuda da Universidade de Vigo. Ademais, haberá outras conferencias sobre cría de raíñas, control de enfermidade ou a cata comentada, na que 40 participantes poderán degustar meles de Galicia e Alcarria. O kit tamén inclúe outros produtos como como o pole ou o propole, ademais de cosméticos da marca Belacolmea, unha forma de innovación que axuda a aumentar o rendemento das explotacións apícolas, ampliando o seu mercado máis alá da alimentación.
A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia é a denominación de orixe deste alimento que máis produce en toda España, ó redor de 400.000 quilos anuais. Aglutina a preto de 300 apicultores e a 35 marcas, que posúen 4.609 explotacións, sumando un total de 200.740 colmeas en todo o territorio. En Ourense, atópanse 87.000 destas colmeas, distribuidas en 1.348 explotacións, o que fan da provincia a maior produtora dentro deste selo distintivo, aportando o mesmo volume de mel que as provincias de Pontevedra e A Coruña xuntas.
A presidenta do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia, Ester Ordóñez, explica que “se a Agrupación Apícola ten aquí a súa sede é porque xa había unha tradición de moitos pequenos apicultores”.Dentro desta agrupación hai 900 persoas asociadas, posuidoras de 60.000 colmeas. A importancia que ten a IXP é, segundo explica Ordóñez, que se produce unha “valorización do produto a través da contraetiqueta de mel de Galicia, para que os consumindores saiban que teñen garantido a orixe e a calidade diferenciada, posto que se lles pide parámetros máis restrictivos que a norma de calidade a nivel nacional”. Por exemplo, non se permite a pasteurización nin quentar o mel a máis de 40 graos para que non perda as súas propiedades.
Outro dos beneficios que ten a apicultura no territorio é o mantemento da contorna e “permitir que a xente poida vivir no rural e do rural”, algo que revirte tamén nos montes, xa que “o mel pódese importar, pero non a polinización, polo que é imprescindible apoiar aos nosos apicultores xa que, ademais de poder consumir o mel, beneficiámonos da polinización de todos os nosos montes”.
Este “ouro líquido e doce” é un produto intimamente ligado ao territorio no que se orixina, e o galego destaca por poseer “un contido mineral e unha riqueza en vitamina C claramente superior aos valores medios”, segundo un estudo da Universidade de Vigo. Ademais, dentro da IXP “non é o mesmo un mel de interior ca un de costa”. “Creo que non se pode dicir iso de que ‘non me gusta o mel’, eu creo que é porque aínda non se probou o axeitado”, explica Ordóñez.
principal demanda do sector é que, mentres o quilo de mel se comercializa ao redor dos 8 euros, os produtores reciben a metade cando venden o seu mel ás distribuidoras, algo semellante ao que sucede noutros sectores en Galicia, como pode ser o lácteo.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie | Duration | Description |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.
Other uncategorized cookies are those that are being analyzed and have not been classified into a category as yet.